¿Estás a pensar en plantar oliveiras?

Quero plantar oliveiras, ¿Por ónde empezo?

Por desgraza, non todos os terreos son aptos e rendibles para o cultivo da oliveira, sendo isto limitado polas características do chan ou por causa do clima.

Sendo conscientes desta problemática e tentando dar o mellor servizo aos futuros produtores, Aceites Abril dispón dun servizo de Estudos de Viabilidade, no cal leva a cabo unha análise integral de todas as características dunha leira que poden ser limitantes para o correcto crecemento e frutificación dos plantóns de oliveira e, polo tanto, da súa rendibilidade.

O estudo de viabilidade inclúe:

  • Unha valoración da análise do chan.
  • Tratamento de datos climáticos da zona e a súa valoración.
  • Unha cuantificación das necesidades de abonado (no caso de que as houbese) así como o plan de actuación a seguir para achegar éstes abonos ao chan, estimando o seu custo.
  • Reformulación das plantas necesarias e o seu custo, en función da superficie da leira e a distancia obrigatoria entre lindes, así como unha recomendación acerca de cal variedade utilizar .
  • Unha valoración do custo da man de obra para realizar a plantación no caso de que non se dispuxese déla. Aceites Abril non se encargaría da man de obra, serían empresas externas.

Previamente, será preciso achegar unha análise de chan. Para esta xestión existen dúas alternativas:

Mediante a achega dun boletín de análise xeral de fertilidade de chan e unhas coordenadas GPS da leira ou referencia catastral acompañada dos datos do propietario.

Se queres realizar a mostra, podemos informarte sobre cómo é, e con qué criterio levar a cabo a toma de mostras en campo.

Podes enviar éstas para a súa análise aos seguintes laboratorios:

  1. Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo de Limia
    Chaira do Pavillón de Deportes s/n
    32630 – Xinzo de Limia, Ourense – Galicia
    Tlf. +34 988 317 946
    e-mail: centroagrogandeiro@inorde.com
  2. Estación Fitopatolóxica do Areeiro
    Subida a la Robleda, s/n 36153
    Pontevedra (Spain)
    Tlf. +34 986 841491
    e-mail: efa@depo.es
  3. Laboratorio agrario e fitopatolóxico de Galicia
    Estrada AC-542 pk 7. Mabegondo
    Abegondo. 15318 A Coruña
    Tlf. +34 881 881366 y +34 881 881352
    e-mail: laboratorioagrario.medio-rural@xunta.es

Antes de realizar as mostras débese coñecer que existen 3 causas físicas polas que unha leira ha de ser descartada para a plantación de oliveira, a saber:

  • A profundidade de chan efectiva debe ser de polo menos 60 cm.
  • Non se debe encharcar a leira no inverno, aínda que sexa por un curto período de tempo nin debe ter veas de auga que a atravesen ou acuíferos ou mananciais a pouca profundidade (2 metros aprox) respecto da superficie.
  • Ten que estar ben asollada sen grandes masas forestais nos lindes no caso de que sexan leiras de menos de 1 ha.

Mediante unha visita á leira por parte de persoal técnico de Aceites Abril

Aceites Abril encargarase de:

  • Visitar a leira para a toma de datos.
  • Realización dun informe de campo.
  • Recollida de mostras de chan e a súa xestión.

Todo isto é co propósito de ter controladas todas as circunstancias que puidesen ocorrer no terreo en cuestión e así poder emitir un xuízo técnico respecto diso e avaliar a futura rendibilidade da plantación.

Se este Estudo desgraciadamente fose negativo aconsellarase ao propietario non plantar oliveiras a non ser que os seus obxectivos sexan meramente recreativos.

Se o Estudo é positivo incluiríase:

  • Unha cuantificación das necesidades de abonado (no caso de que as houbese) así como o plan de actuación a seguir para achegar tales abonos e emendas ao chan, estimando o seu custo.
  • Cuantificaríanse as plantas necesarias en función da superficie da leira e a distancia obrigatoria a linderos e o seu custo.
  • Faríase unha valoración docusto de man de obra para realizar a plantación no caso de que non se dispuxese dela. Aceites Abril non se encargaría da man de obra, serían empresas externas.
  • Unha recomendación acerca de que variedade de oliveira utilizar e o marco de plantación adecuado.

Servizo de venda de plantón de oliveira para plantar oliveiras

Aceites Abril dispón dun servizo de comercialización de planta de oliveira de viveiro, da variedade autóctona Brava Galega e as variedades foráneas Arbequina, Picual, Cobrançosa e Frantoio.

Coa compra da planta Aceites Abril inclúe un ano de planificación dos traballos na plantación GRATUÍTO, así como asistencia técnica especializada para posibles situacións extraordinarias.

Servizo de Asesoramento anual

Despois do primeiro ano desde a plantación e con carácter opcional, Aceites Abril ofrece un servizo de Asesoramento anual con visitas de campo e analíticas tanto foliares como de chan anuais, con calendarios trimestrais adaptados ás circunstancias especiais de cada leira.

Compromiso de compra

Cando as plantas comecen a ser produtivas, é dicir, entre 5 e 6 anos (podendo resultar máis precoces) despois da súa plantación Aceites Abril comprométese á compra da produción nun prezo SUPERIOR á media nacional.

Para unha información máis detallada non dubiden en poñerse en contacto connosco a través do formulario.

Ligazón de interese: Asociación de Produtores de Aceite e Oliva de Galiza

A continuación deixámosvos un resumo de colléita da oliva galega.


Departamento de agro de Aceites Abril

No ano 2013 froito, tanto dun crecente interese no cultivo da oliveira en Galicia para poder obter un produto de alta calidade, como de dar unha alternativa diferente de sustento para o rural galego, nace o Departamento de Agro de Aceites Abril, iniciativa directa da xerencia de Aceites Abril e unha aposta firme cunha dirección clara: conseguir aceite de oliva virxe extra 100% galego de calidade premium.

O obxectivo deste Departamento é aumentar ano a ano a cantidade de oliva procesada para obter este prezado produto. Para iso é evidente a necesidade de promocionar e plantar oliveiras ao longo e ancho da nosa comunidade, baixo os mellores criterios técnicos.

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>